O Pedroso do Norte, tamén chamado Pedroso, é un lugar da parroquia de Cruces no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 83 habitantes (38 homes e 45 mulleres).

Patrimonio Preto deste lugar está o couto de Lampai.

O río de Pedroso que ten un caudal permanente, aumentado no inverno polas chuvias. Nel faise pesca de troitas. Hai oito muíños en ruínas, usados antigamente para moer o millo.

O monte está mancomunado pola Comisión dos Montes de Pedroso, que engloban a Pedroso Norte e Pedroso Sur ou do Vendaval. Ó uso forestal adícase en boa medida ao cultivo do eucalipto, que se destina a empresas como FINSA. A auga de uso doméstico procede de mananciais logo de ser recollida en depósitos comúns.

Hai dous parques infantís con bambáns, escorregadoiros e cabaliños, e un campo de fútbol amplo. Hai tamén un circuíto de motocross.

Lugares e parroquias Lugares de Cruces

Parroquias de Padrón

Categoría:Lugares de Padrón