Esllabón Lleonesista (Elo Leonesista en galego) é unha asociación socio-cultural de ideoloxía leonesista fundanda no ano 1997 por persoas de distintas sensibilidades ligadas ao leonesismo social. Nela participan militantes e ex-militantes de partidos políticos leonesistas así como persoas independentes non ligadas a ningunha organización. O seu presidente actual é Amadeo Núñez e conta entre os seus membros militantes históricos do leonesismo como Félix Pérez Echevarría 'Cheva'. A asociación pasou por diferentes etapas de actividade e inactividade ao longo da súa historia. Na actualidade, a asociación participa moi activamente na vida social e cultural da cidade de León, onde concentra a meirande parte das súas ocupacións. A asociación ten unha publicación propia chamada Bolteo a cal é publicada e distribuída pola asociación na actualidade, pero que tamén viviu períodos de inactividade coma a propia asociación.
Obxectivos O obxectivo principal da asociación é o logro dunha autonomía para o que eles denominan o País Leonés así como o fomento da identidade leonesa. Para iso, pretenden vertebrar todo tipo de iniciativas de tipo social, cultural, político e lingüístico que axuden a concienciar á sociedade leonesa neste sentido.
Así, participan en todo tipo de iniciativas e organizan todo tipo de actos e manifestacións para fomentar a colaboración de todas as persoas, asociacións, e organizacións leonesistas para avanzar na consecución dunha autonomía para a Rexión leonesa dende o terreo da sociedade civil.
Actividade Esllabón Lleonesista arranxa diferentes tipos de actos aos cales acoden simpatizantes leonesistas, intelectuais locais, asociacións e organizacións leonesistas. Un dos actos de maior fama é a Noitevella leonesista, que a asociación celebra anualmente. É un acto de tipo reivindicativo no que participan colectivos da provincia de Leónhttp://www.lavanguardia.com/vida/20140105/54397802015/la-nochevieja-leonesista-pide-apoyo-para-que-leon-sea-la-capital-europea.html e que adoita celebrarse a principios de xaneiro. Nos últimos anos a asociación está a impulsar os chamados Concejos Abiertos nos que participan membros de organizacións e partidos políticos leonesistas así como simpatizantes. Nestas reunións, discútese sobre a situación do chamado País Leonés e vertébranse iniciativas para a mellora e solución dos problemas das provincias da Rexión de Leónhttp://leonoticias.com/frontend/leonoticias/Esllabon-Impulsa-El-Segundo-Concejo-Abierto-Sobre-El-Futur-vn142299-vst216.
A asociación organizou e participou en diferentes manifestacións reivindicativas nas que apoiaba diferentes reclamacións: unha facultade de medicina para a Universidade de León, a mellora das infraestruturas ferroviarias en Leónhttp://leonoticias.com/frontend/leonoticias/Leon-ruge-En-Una-Protesta-Historica-A-Favor-Del-Ferrocarri-vn141290-vst309, a defensa do GREIM (Grupo Especial de Rescate e Intervención na Montaña da Garda Civil) de Sabero e iniciativas contra a corrupción nas institucións de Leónhttp://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-esllabon-lleonesista-exige-dimision-carrasco-supuesta-multiplicidad-sueldos-dietas-20111204123620.html entre outras.
A asociación mantén contactos con diferentes partidos políticos como a UPLhttp://www.uniondelpuebloleones.es/?p=20349. Aínda que a súa actividade se concentra na provincia de León, tamén participa en iniciativas fóra da provincia, coma no caso dunha manifestación leonesista na cidade de Salamanca no ano 2013http://leonsurdigital.com/not/902/leonesistas_convocados_en_salamanca.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web da asociación Blog da asociación
Categoría:Leonesismo Categoría:Forzas políticas de Castela e León