A comunicación é o resultado da emisión dunha mensaxe codificada a un receptor que a interpreta. Os elementos participantes da comunicación comunmente aceptados son o emisor, receptor, mensaxe, código, canle, ruído, realidade referencial ou contexto. Así a todo, non é esta a única perspectiva para definirmos o acto de nos comunicarmos:
Esquema de Johnson
centro|Esquema comunicativo de Johnson
Acontece un evento. O evento estimula un individuo "A". Prodúcense sensacións preverbais. Os impulsos nerviosos diríxense ó cerebro de "A". "A" traduce as sensacións en palabras. "A" selecciona palabras e ordénaas segundo as normas. Por medio dunha canle "A" entra en relación con "B". B recibe estímulos físicos provocados pola emisión de "A". No cerebro de B xéranse sensacións preverbais. B traduce as sensacións en palabras. Decodifícase e interprétase a mensaxe.
Esquema de Laswell
centro|Esquema comunicativo de Laswell
‘Quen’: O estudo deste elemento implica unha análise de control ‘Di o que’: Implica unha análise de contido. ‘En que canle’: Medios interpersoais ou de masa. Análise dos medios. ‘A quen’: Análise de audiencia. ‘Con que efectos’: Análise do impacto sobre a audiencia.
Esquema de Dobb
centro|Esquema comunicativo de Dobb
Emisor ou comunicador. Obxectivo de comunicación. Medios básicos de comunicación (por ex. palabras e xestos usados polo emisor) Medios de extensión (gravación en cita, medio impreso,...): Canle Coordenadas espazo-temporais: Contexto Restricións. Condicións en que se inhibe ou censura a transmisión da comunicación (tabús, costumes, preconceptos, prohibicións, eufemismos, disfemismos,...) Comunicación: A mensaxe. Estado de espírito: Sentimentos e disposición para a resposta por parte da audiencia. Percepción por parte da audiencia da mensaxe. Reaccións da audiencia. Cambios: Efectos da comunicación inmediatos ou a longo prazo. Indicios informativos da reacción da audiencia ó comunicador
Esquema de Shannon e Weaver
centro|850px|Esquema comunicativo de Shannon e Weaver
Unha fonte de información selecciona unha mensaxe. O emisor converte a mensaxe en sinal, de acordo cun código determinado. Eses sinais son transmitidos ó destinatario mediante unha canle adecuada. O receptor, descodifica os sinais recibidos para recuperar a mensaxe orixinal Ruído: Todo o que interfire na transmisión e dificulta na recepción da mensaxe.
Categoría:Lingüística