miniatura|250px|Os Países Baixos españois. Países Baixos españois foi o nome que, na historiografía internacional, se lle daba aos territorios do noroeste europeo, coñecidos en España como Flandes (Flandres), que permaneceron baixo o dominio da rama española da casa de Habsburgo, no período que trascorreu entre 1555, cando o emperador Carlos V como duque de Borgoña cedeu estes territorios ao seu fillo Filipe, daquela príncipe, até 1713, en que, en virtude dos tratados Utrech-Rastatt —conxunto de tratados asinados polos Estados contendentes na Guerra de Sucesión española entre os anos 1713 e 1715 na cidade holandesa de Utrecht e na alemá de Rastatt— os territorios que aínda estaban en poder da coroa española pasaron á soberanía dos Habsburgos austríacos, obtendo así o emperador Carlos VI o control dos Países Baixos.

Cómpre sinalar que algúns historiadores sitúan como data de inicio deste período a da independencia das Provincias Unidas, en 1581.

Lista de soberanos Retrato Nome Reinado Notas Escudo 80px|Charles Ier Carlos V 24 de febreiro de 150021 de setembro de 1558 1506–1555En 1506, á morte do seu pai o rei Filipe O Fermoso, Carlos herda os Países Baixos borgoñóns. 80px|Filipe II Filipe II de España21 de maio de 152713 de setembro de 1598 1556-1581Filllo maior de Carlos V, convértese en sobrerano dos Países Baixos e rei de España despois da súa abdicación. 70px|Armes de Charles Ier Independencia das Provincias Unidas (1581)1581-1598As Provincias Unidas son agora unha república independente baixo a autoridade dos estatúderes. 80px|Isabel de Austria Isabel Clara Euxenia 12 de agosto de 15661 de decembro de 1633 1598-1621Filla de Filipe II, en ocasión do seu matrimonio recibe como dote o goberno dos Países Baixos, que comparte co seu marido. O tratado establece que se un dos cónxuxes morre antes do nacemento dun herdeiro dos Países Baixos, o outro regresará a España. Ela e o seu esposo teñen o título de gobernadores, desempeñando este papel en nome de Filipe II.70px|Armes de Charles Ier 80px|Alberto de Austria Alberte de Austria14 de abril de 157813 de xullo de 1621Esposo da infanta Isabel Clara Euxenia, comparte o poder con ela até a súa morte. 80px|Filipe IV Filipe IV de España8 de abril de 160517 de setembro de 1665 1621-1665Fillo máis vello de Filipe III, recuperou o goberno dos Países Baixos despois da morte de Alberte de Austria.70px|Armes des rois d'Espagne de 1580 à 1668 80px|Carlos II Carlos II de España6 de novembro de 16611 de novembro de 1700 1665-1700Fillo de Filipe IV. Morto sen descendencia, o que ocasiona a guerra de Sucesión española.70px|Armes des rois d'Espagne de 1668 à 1700 80px|Filipe V Filipe V de España19 de decembro de 16839 de xullo de 1746 1700-1710Neto de Lois XIV, designado como herdeiro por Carlos II. Os Habsburgo austríacos reclaman o goberno dos Países Baixos alegando que son os herdeiros lexítimos de Filipe O Fermoso.70px|Armes de Philippe V Guerra de Sucesión española (1710-1715)

Véxase tamén

Outros artigos Flandres Flandres (homónimos) Países Baixos austríacos

Categoría:Borgoña Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de España Categoría:Historia de Bélxica Categoría:Historia de Luxemburgo Categoría:Historia dos Países Baixos