Captain EO é un filme musical dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1986. Foi exhibido nos parques de atraccións de Disney entre 1986 e 1996. O produtor executivo do filme foi George Lucas. Captain EO naceu como un ambicioso e innovador proxecto con tecnoloxía de última xeración para a época e efectos visuais nunca antes vistos.
Michael Jackson é o protagonista que interpreta o Capitán EO. No filme utilizáronse para as cancións Another Part of Me (máis tarde incluída no álbum Bad) e We are here to change the world, creada expresamente para a curta, e que no 2004 sería incluída na colección de cancións de Michael Jackson titulada Michael Jackson: The Ultimate Collection.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Ford Coppola Categoría:Filmes de Lucasfilm