Santa Mariña de Esteiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Muros. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.036 habitantes (985 homes e 1.051 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.273 habitantes.

Historia A primeira noticia escrita sobre a parroquia é do ano 1607, motivada pola visita do Cardeal de Santiago Jerónimo del Hoyo en que se refire ao lugar como Santa Mariña e cita que daquela tiña 29 fregueses (uns 150 habitantes), mentres que Tal (parroquia lindeira da que Esteiro deixou de ser anexo en 1956) tiña 32 veciños.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Esteiro

Parroquias de Muros

Notas

Véxase tamén Outros artigos Carrilana Lugares de Muros

Categoría:Parroquias de Muros Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña