Ferrón é unha variedade de uva tinta (Vitis vinifera), cuxa orixe atópase en Galicia. Utilízase para a produción de viño. Coma outras uvas de calidade galegas, é moi escasa. Produce viños acedos, sen moito alcol, con toques frutais e florais. Úsase para complementar outras variedades como merenzao ou brancellao. Segundo a Orde APA/1819/2007, trátase dunha variedade recomendada en Galicia. Atópase na Denominación de Orixe Ribeiro.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha para o ferrón na páxina web de D.O. Ribeiro
Categoría:Variedades viníferas de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes