Hafþór Júlíus "Thor" Björnsson, nado o 28 de novembro de 1988, é un forzudo, actor e ex xogador de baloncesto islandés.

Baloncesto Hafþór comezou a súa carreira no deporte como xogador de baloncesto. Cunha altura de 2,06 metros, comezou no equipo K.R. Basket Reykjavík.Eurobasket: Hafþór Björnsson page Na tempada 2007–2008, emepezou a xogar profesionalmente no equipo da primeira liga islandesa FSu Selfoss basketball. Con 20 anos, sufriu unha grave lesión que o obrigou a abandonar unha prometedora carreira.Magnus Ver Magnusson: Icelandic Strongman Scout . Ironmind.com (2010-05-29). Consultado o 30 de marzo de 2014.

Actor Hafþór foi escollido para interpretar a Gregor Clegane para a cuarta tempada da serie de televisión da HBO Game of Thrones en agosto de 2013. Este foi o seu primeiro papel importante, e converteuse na terceira persoa en interpretar este papel. Conan Stevens fixo de Clegane na primeira tempada e Ian Whyte na segunda.

Filmografía 2012–2013: The World's Strongest Man como el mesmo – competidor (serie de televisión) 2014: Game of Thrones como Gregor Clegane (Serie de televisión da HBO) 2014: Zon 261 como Big John – viquingo islandés.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en IMDb

Categoría:Actores de Islandia Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Reiquiavik