El Progreso foi un semanario editado en Betanzos entre 1900 e 1901.
Traxectoria Subtitulado Semanario independiente, que despois cambiou por Órgano do Partido Liberal brigantino, apareceu o 4 de novembro de 1900. Publicábase os domingos. Estivo dirixido por Antonio Fernández Rivas, Mariano Tudó Montero e Juan Ponte Blanco. Entre os seus colaboradores figuraron Antonio G. Novoa, Manuel Castro Ares, Roque Ponte, José Alguero Penedo, Darío Caramés, Manuel Martínez Teijeiro, Valerio Nunez, Ricardo Morais, Juan Gómez Navaza, Leoncio López, César Gómez, Luis López e Manuel García Faílde. O último número conservado é o 40, do 4 de agosto de 1901.
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas El Progreso na Hemeroteca de Betanzos
Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1900 en Galicia