Betanzos Liberal foi un semanario editado en Betanzos entre 1913 e 1914.

Historia e características Subtitulado Órgano del Partido Democrático, apareceu o 25 de novembro de 1913 como continuación de Nueva Era para substituílo como portavoz do bando liberal-caciquil de Betanzos. Dirixido por Juan Ponte Blanco, tiña unha redacción totalmente distinta da do seu antecedente na que figuraban Fabián Vidal, José Bartolomé Vidal, José M. Neira, Adolfo Sánchez Díaz e José Fontenla Vázquez; ademais converteuse en órgano prietista, defensor dos intereses políticos do marqués de Alhucemas no distrito. A partir do 14 de marzo de 1914 pasou a denominarse Betanzos, cambio motivado por problemas político-administrativos.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Betanzos Liberal na Hemeroteca virtual de Betanzos

Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1913 en Galicia Categoría:Prensa caciquil