José Quintas da Vila,Nalgunhas fontes aparece como José Quintas Davila nado en Vigo en novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1957, foi un agrarista e xornalista galego.

Traxectoria Irmán de Alfonso Quintas da Vila. Republicano, dirixiu os periódicos El Radical, La Defensa e El Campesino, órgano das sociedades agrícolas do distrito de Lavadores; foi redactor de La Lucha e colaborou en La Justicia. Foi presidente da sociedade viguesa La Oliva en varias ocasións.La Voz de Galicia, 13-8-1910, p. 2.El Tea, 3-2-1919, p. 1. Participou nos mitins agraristas en 1912.El Tea, 9-11-1912, p. 2. Elixido presidente da Agrupación Republicana de Vigo para 1914,El Progreso, 31-12-1913, p. 2. foi presidente da Federación Agraria do distrito de Vigo. Foi proclamado candidato a deputado provincial polos agraristas en 1917,El Tea, 2-3-1917, p. 2. e presidiu o Congreso Agrario Provincial celebrado en Lavadores en 1918.El Tea, 3-10-1918, p. 2. Na República foi concelleiro de Vigo na corporación que presidiu Manuel Hidalgo Rodríguez.El Pueblo Gallego, 11-1-1936, p. 4. Foi oficial maior da Cámara da Propiedade Urbana da comarca de Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e pasou un tempo na cadea. Finou en Vigo o 27 de febreiro de 1957.Faro de Vigo, 28-2-1957, p. 3.El Pueblo Gallego, 1-3-1957, p. 2.

Vida persoal

Casou con Ignacia Pérez Piorno en 1923.Galicia, 10-4-1923, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes