A Lingwa de planeta (tamén Lidepla, LdP) é unha lingua auxiliar internacional, cuxo desenvolvemento empezou en 2006 na cidade de San Petersburgo, liderado por Dmitri Ivanov. A versión inicial da lingua publicouse en 2010. Lidepla baséase nas linguas máis faladas do mundo, é dicir, o árabe, o chinés, o inglés, o francés, o alemán, o hindi, o persa, o portugués, o ruso e o castelán.
Concepto A idea principal era crear un todo harmonioso baseándose nas linguas nacionais máis faladas e influentes do planeta. Diso sae como resultado o vocabulario de Lidepla, o cal contén unha cantidade significante de palabras non europeas, facendo de Lidepla un worldlang. Un principio xeral seguido na creación de Lidepla foi o ter algo en común coas linguas da maioría dos habitantes da TerraСтатья в журнале СПбГУ (№ 13 (3855) 26 ОКТЯБРЯ 2012).
Equipo do proxecto e uso da lingua O líder do proxecto é un psicólogo, Dmtri Ivanov. Ele sentou as bases da lingua. As lingüistas A. Vinogradova e E. Ivanova axudaron durante a primeira etapa o desenvolvemento de Lidepla. En 2007 A. Lysenko uniuse e converteuse na lingüista principal do proxecto.
Desde o comezo o proxecto foi aberto e amplamente discutido en varios grupos de “conlanger”2 . Por agora (2014) máis de 15 persoas contribuíron á lingua de forma considerable (isto é, traballaron no vocabulario e a gramática, traduciron obras e textos orixinais, incluídas cancións), por non falar dos que participaron nos debates.
Neste momento, a lingua úsase en comunicación real, principalmente por Internet (Facebook, Yahoo etc.). Unhas 15 persoas dominan a lingua, e unhas 50 pódena usar para comunicarse . Hai moitos textos traducidos, incluíndo algúns bastante longos como Alicia no País das marabillas, de Lewis Carroll 3 e algúns contos. Existen cancións traducidas e cantadas, incluíndo un álbum do cantante profesional Jonny. M e subtítulos para debuxos animados e películas (como a película rusa Ivan Vasilievich: Volta ao Futuro).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Linguas artificiais