Baltasar Carlos de Austria, nado en Madrid o 17 de outubro de 1629 e finado en Zaragoza o 9 de outubro de 1646 foi príncipe de Asturias, príncipe de Xirona, duque de Montblanc, conde de Cervera, señor de Balaguer, príncipe de Viana, e herdeiro universal de todos os reinos, estados e señoríos da Monarquía Hispánica ata a súa morte.

Traxectoria Fillo do rei Filipe IV de España e da súa primeira esposa Isabel de Francia, foi bautizado o 4 de novembro de 1629 na madrileña parroquia de San Xoán. Os padriños foron a infanta dona María, futura raíña de Hungría, e o infante don Carlos, tíos do recentemente nado, a quen levou en brazos dona Inés de Zúñiga y Velasco, condesa de Olivares (esposa do Conde-Duque de Olivares), nunha cadeira de cristal de rocha, que disque era a alfaia máis preciosa que ata entón se vira.Boadilla del Monte

A propia condesa de Olivares, que tamén era Camareira maior da raíña Isabel, exerceu como aia do príncipe,Castilla convulsa, 1631-1652" (pag.77) o que deu lugar a comentarios sobre o control que o conde-duque de Olivares exercía sobre o herdeiro.

O 7 de marzo de 1632 foi xurado ante a nobreza e as Cortes de Castela como "Herdeiro da súa Maxestade" e "Príncipe destes Reinos de Castela e León, e os demais desta Coroa a eles suxeitos, unidos, e incorporados, e pertencentes"Gelabert, Juan.E.: "Castilla convulsa, 1631-1652" (pag.78). Además, es de reseñar que para cuando se celebró, en San Jerónimo, la Jura de Baltasar Carlos, se optó por denominarlo sencillamente como "Príncipe destos Reinos", y no como Príncipe de Asturias, posiblemente como intento de homogeneizar la estructura de los antiguos reinos peninsulares, fin perseguido por el conde-duque de Olivares (Sampedro Escolar, José Luis: "La numeración de los Príncipes de Asturias", Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, Madrid, 2004). nunha cerimonia que tivo lugar no mosteiro de San Xerome o Real de Madrid.Para máis información sobre este xuramento consultese: "Convocación de las Cortes de Castilla y juramento del Príncipe, nuestro Señor D, Baltasar Carlos, primero de este nombre, año 1632" de Antonio Hurtado de Mendoza (1632).

Axiña se iniciaron xestións diplomáticas encamiñadas a procurarlle unha esposa, para o que se elixiu a arquiduquesa Mariana de Austria, filla do emperador Fernando III e da súa tía paterna, a infanta María Ana de Austria, e, xa que logo, prima entregue súa.Trala morte do novo príncipe en 1646, Mariana de Austria casaría co pai deste, o rei Filipe IV

Trala revolta catalá de 1640, Filipe IV tratou de granxearse o favor dos aragoneses para conseguir diñeiro e homes para a nova fronte de guerra. Unha das medidas adoptadas con este fin foi presentar o príncipe Baltasar Carlos para ser xurado como príncipe herdeiro do Reino de Aragón.Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.2). O xuramento realizouse o 20 de agosto de 1645, cando o príncipe contaba con dezaseis anos de idade, na Catedral do Salvador de Zaragoza.Gómez de Blas, Juan: "Relacion del iuramento de los Fueros de Aragon, que hizo el Serenissimo Principe D. Baltsar Carlos, en la Iglesia Metropolitana de la Ciudad de Zaragoça, en veynte de Agosto, de 1645." Sevilla (1645) Así Baltasar Carlos pasaba a ser príncipe de Xirona,Malia que Baltasar Carlos xurou os foros en 1646, o Reino de Navarra xa o xurara como herdeiro nas Cortes de 1632. González Ollé, Fernando: "Biografía de José Sarabia, presunto autor da Canción real a unha mudanza" Gobernador Xeral de Aragón, duque de Montblanc, conde de Cervera e señor da cidade de Balaguer.Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.4). Pola súa banda, o 13 de novembro dese mesmo ano, Baltasar Carlos foi xurado herdeiro polas Cortes de Valencia.

En abril de 1646, desexoso Filipe IV de que o seu fillo fose xurado herdeiro da Coroa polos navarros,de Apraiz, Angel: "Vista de Pamplona. Pintura de un aurresku atribuida a Velázquez" (pag.2) como o ano anterior o fora polos aragoneses, trasladouse xunto a este desde Madrid a Pamplona, onde, logo de recoñecerse os foros do reino navarro, se celebrou solemnemente a cerimonia o día 3 de maio."juramento que hizo el serenissimo principe don Baltasar Carlos, principe natural heredero deste Reyno de Navarra nuestro señor por su persona, en presencia del rey don Felipe sexto su padre nuestro señor, en la iglesia catedral de esta ciudad de Pamplona. Y el que en sus reales presencias prestaron a S.A. los Tres Estados deste Reyno estando junto en sus Cortes generales el año 1646." en "El corpus legislativo de Navarra en la etapa de los Austria (siglo XVI-XVII)" de Ostolaza Elizondo, María Isabel (pag. 35).

Finalizado o acto, a familia real trasladouse a Zaragoza. O día 5 de outubro, véspera do segundo cabodano da raíña Isabel de Borbón, Filipe IV e Baltasar Carlos asistiron ás vésperas e nocturno na súa memoria. Aquela mesma tarde o príncipe sentiuse doente e ao día seguinte, sábado 6 de outubro, tivo que quedar en cama mentres o rei acudía ao funeral. A enfermidade, varíolas,Véxanse os pormenores da enfermidade e morte de Baltasar Carlos en "Relación de la enfermedad del Príncipe Nuestro Señor, escrita por el Padre Fray Juan Martínez, confesor de Su Majestad, para el Doctor Andrés de Uztarroz" (Zaragoza, 1646) foi fulminante. Así, o martes 9 de outubro ás oito de mañá, o arcebispo de Zaragoza administráballe o viático. Dise que o "Santísimo" se expuxo ata as tres da tarde, cando se fixo unha procesión xeral ao convento de Xesús, a onde se levara a Virxe de Cogullada e que foi logo trasladada procesionalmente ao altar da Seo, onde se venerou con candeas e oracións."Muerte de príncipe de España" (1646) en "Baltasar Carlos y Zaragoza" de Jesús Maiso González (pag.4) Ás nove da noite dese mesmo día 9 de outubro morría o príncipe Baltasar Carlos. Os seus restos permaneceron en Zaragoza ata a noite do 16 de outubro,Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.5) miniatura|250px|Detalle do "Príncipe Baltasar Carlos a caballo" de Velázquez datado en 1635 (Museo do Prado de Madrid).

Consecuencias da morte de Baltasar Carlos A morte do príncipe deixou a Monarquía sen un herdeiro varón directo, o que ocasionou unha grave crise dinástica (a única posible herdeira que quedaba con vida era a infanta María TeresaMalia que moitos autores pasaron por alto este feito, a infanta María Teresa converteuse, ata o nacemento dos príncipes Felipe Próspero e de quen posteriormente sería Carlos II, na herdeira universal da Monarquía Hispánica, como ben indica Laura Oliván Santaliestra na súa tese "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII" (Universidade Complutense de Madrid, 2006). No entanto, María Teresa, suposta herdeira durante anos, non foi xamais Princesa de Asturias, por non ser xurada como tal, pese ás peticións que se lle fixeron ao seu pai por parte dos procuradores casteláns, o cal compróbase consultando as actas das reunións das Cortes da época así como o dito por Barrionuevo nos seus Avisos. O numerala como Princesa de Asturias é un erro do Padre Risco, cronista que escribiu cen anos logo dos feitos narrados e que foi copiado unanimemente polos autores que trataron sobre esta materia con posterioridade. O Padre Risco di que a Infanta Dona María Teresa foi xurada en 1655, e, estrañamente, dá toda clase de detalles verbo dunha cerimonia que xamais tivo lugar (Sampedro Escolar, José Luís: "La numeración de los Príncipes de Asturias", Real Academia Matritense de Heráldica e Genealogía, Madrid, 2004 (pag.5).) e sumiu o rei nun profundo desazo, como se observa nunha carta escrita á súa conselleira espiritual, sor María de Ágreda:

Desta carta despréndese a dor e a desesperación de Filipe IV, quen, en apenas cinco anos, perdera o seu irmán máis novo, o cardeal-infante don Fernando; a súa muller, Isabel de Borbón; e o seu único fillo varón e herdeiro universal, o príncipe Baltasar Carlos.

Trala morte de Baltasar Carlos, Filipe IV estaba obrigado a casar de novo para dar continuidade á dinastía. A elixida foi a prometida do falecido príncipe e sobriña súa, en canto filla da súa irmá María Ana, a arquiduquesa Mariana de Austria.

Os discursos sobre a conveniencia dunha ou outra esposa para Filipe IV comezaron desde a mesma morte de Baltasar Carlos, dada a urxencia que presentaba a cuestión sucesoria. Razóns políticas e de Estado, así como físicas ou naturais, e que poderían resumirse no "capital dinástico" e na madurez sexual,"Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII" de Oliván Santaliestra, Laura (pag.43). determinaron que a nova esposa do rei debía ser a moza arquiduquesa, que por esas datas contaba tan só doce anos de idade.

En xaneiro de 1647 Filipe IV emitiu un decreto coa resolución de casar coa arquiduquesa Mariana de Austria.Biblioteca Nacional de Madrid Mss. 11027 en "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII" de Oliván Santaliestra, Laura (pag.45). O matrimonio celebrouse o 7 de outubro de 1649 en Navalcarnero. Deste matrimonio nacerían varios fillos, dos que só sobrevivirían a infanta Margarita Teresa, casada co emperador Leopoldo I, e o futuro Carlos II.

Antepasados

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gelabert, Juan.E.: Castilla convulsa, 1631-1652 ISBN 978-84-95379-23-8 Sampedro Escolar, José Luis: "La numeración de los Príncipes de Asturias", Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, Madrid, 2004. "Ceremoniales, Ritos y Representación del Poder : III Coloquio Internacional de Grupo Europeo de Investigación Histórica "Religión, Poder y Monarquía", celebrado los días 10, 11 y 12 de noviembre de 2003 en Castellón de la Plana y Vinaroz". Grupo Europeo de Investigación Histórica "Religión, Poder y Monarquía". Coloquio Internacional (3º. 2003. Castellón de la Plana y Vinaroz) ISBN 978-84-8021-491-9 "Segunda y mas verdadera relacion del bautismo del Principe de España nuestro señor, Baltasar Carlos Domingo, con todos los nombres de los Caualleros, y titulos que yuan en el acompañamiento" Hurtado de Mendoza, Antonio: "Convocación de las Cortes de Castilla y juramento del Príncipe, nuestro Señor D, Baltasar Carlos, primero de este nombre, año 1632" (1632). Gómez de Blas, Juan: "Relacion del iuramento de los Fueros de Aragon, que hizo el Serenissimo Principe D. Baltsar Carlos, en la Iglesia Metropolitana de la Ciudad de Zaragoça, en veynte de Agosto, de 1645." Sevilla (1645) Arellano, Ignacio e Roncero, Victoriano: El poema "Jura de el Serenísimo Príncipe don Baltasar Carlos", de Quevedo Maiso González, Jesús: Baltasar Carlos y Zaragoza Bouza Álvarez, Fernando Jesús:"La herencia portuguesa de Baltasar Carlos de Austria. El Directorio de fray António Brandúo para la educación del heredero de la monarquía católica" Oliván Santaliestra, Laura: "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII" (Universidad Complutense de Madrid, 2006) de Apraiz, Angel: "Vista de Pamplona. Pintura de un aurresku atribuida a Velázquez" "El juramento de fidelidad del príncipe Baltasar Carlos en Pamplona. Interpretación, estructura, imágenes, fin", Actas del V Congreso de Historia de Navarra. Floristán Imízcoz, Alfredo:"Integración y renovación de un reino: Navarra en la Monarquía española (s.XVI-XVII) Díez de Revenga, Francisco Javier: http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/35750529090942722754491/033518.pdf "Saavedra Fajardo escritor actual y otros estudios" Suárez Fernández, Luis, e Andrés Gallego, José: "Crisis de la hegemonía española, siglo XVII" ISBN 978-84-321-2103-6 Elliott, John H.: "El Conde-Duque de Olivares : el político en una época de decadencia " ISBN 978-84-8432-582-6

Categoría:Príncipes de Asturias Categoría:Nobres de España Categoría:Nados en 1629 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1646 Categoría:Casa de Habsburgo Categoría:Finados por varíola