Antonio Carballo Tenorio, nado na Coruña o 1 de xullo de 1881 e finado en Melide o 8 de outubro de 1960,La Voz de Galicia, 9-10-1960, p. 11. foi un xornalista galego.
Traxectoria Foi redactor de Tierra Gallega e director de La Defensa de Betanzos a partir de 1907. Colaborou en Almanaque Gallego e foi redactor de La Voz de Galicia. Dirixiu La Hoja del Lunes da Coruña que apareceu en 1937. Empregado do concello da Coruña, foi nomeado Oficial Maior en 1940.El Compostelano, 13-9-1940, p. 2. Foi presidente da Asociación da Prensa da Coruña (1932). Vida persoal
Casou na Coruña con Araceli Fernández Rivas en 1904.Diario de Pontevedra, 30-8-1904, p. 2.
Notas
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Finados en 1960 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados na Coruña