Antonio Santiago Álvarez, alcumado Nito, nado na Coruña o 8 de decembro de 1894 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 1979,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-7-1979, p. 52. foi un escritor galego. Traxectoria De rapaz iniciouse como novilleiro. Emigrou a Cuba e traballou de xornalista na Habana. Alí aprendeu o oficio de linotipista. Volveu á Coruña e traballou no xornal La Voz de Galicia.
A mediados dos anos vinte converteuse no autor máis prolífico e exitoso de apropósitos. Despois do parón da guerra civil continuou co xénero en 1949 a petición do entón alcalde coruñés Alfonso Molina ata 1966. Nesta época os guións eran previamente supervisados pola censura franquista que os acurtaba a un terzo do orixinal.
O xénero local volve recuperarse en 1984 da man do seu neto: Antón de Santiago.
Obras Los líos del Estatuto o "miss" Capitalidad Vuelan mis ferretes Viaje de "mis" Patela, de Nueva York a La Grela Un ferrete sin censura es más bravo que un miura
Escribiu moitas comedias e varias zarzuelas. El indulto, La represa y el río
Homenaxes En 2002 a cidade da Coruña púxolle unha rúa co seu nome en Monte Alto. O seu neto humorista, Antón De Santiago, continúa a facer escarnio durante o Entroido coa compañía Nito.
Vida persoal En 1915 casou con Sara Sanjurjo López, e foi pai de Elvira, María Luisa, Antonio, Carmen, Sara, Margarita, Mercedes, Carlos e Luis Santiago Sanjurjo. Enviuvou en 1933 e en 1939 volveu casar con Celia Álvarez Díaz, e foi pai de Victoria Santiago Álvarez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1979