A publicidade, se ben moitas veces ten finalidades expositivas ou argumentativas e pretende a descrición dun produto, recorre á narración ó permitir esta, mediante pequenas historias, fundamentar con verosimilitude a utilidade e virtudes do anunciado e mesmo exemplificar as consecuencias da súa carencia.

Por motivos procedementais, a narración publicitaria achégasenos máis mediante os medios que permiten captar a imaxe en movemento ca en xornais, carteis, valados e outros medios impresos. Con todo, a imaxe fixa pode ter un aspecto durativo que implique unha explicación ou suxira un percorrido temporal.

Características da Narración publicitaria Emprego de slogans A trama narrativa e mínima e sintética, pois o relato desenvólvese en moi curto espazo de tempo, e o ritmo narrativo, rápido. A trama vese determinada por O tipo de produto. O público ó cal vai dirixido. É frecuente unha estrutura argumental do tipo: Personaxes en conflito. Solución mediante o produto que se pretende promover- Os personaxes son planos, algunhas veces colectivos, ou caricaturescos, ou tipo (véxase Personaxes en Wikibooks) Presenza de valores e antivalores sociais (racismo, sexismo, machismo...) O espazo é simbólico: achega valores e está en estreita relación co público ó que vai dirixido o produto

Categoría:Literatura Categoría:Publicidade