Lamego é un lugar da parroquia de Seira no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Os seus lindes, todos eles pertencentes á mesma parroquia, son: ao norte, O Casal; ao sur, Seira; ao leste, linda co río Sar, delimitando o concello de Rois co de Padrón; e ao oeste, linda coa Eirexe. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 91 habitantes (40 homes e 51 mulleres).
Patrimonio No centro de Lamego, disponse como lugar de recreación dun parque infantil, e no linde sur, atópase a praia fluvial. Na zona leste, aproveitando o caudal do río Sar, está o muíño do Cuncheiro, que é utilizado como local hostaleiro. No oeste está situada a igrexa parroquial, e cabe destacar tamén a construción da vía férrea do AVE, que atravesa Lamego.
Festividades Algunhas das festividades e festas parroquiais son: Candeloria (2 de febreiro) San Lourenzo (10 de agosto) San Bartolomeu (24 de agosto) Santa Lucía (13 de decembro)
Lugares e parroquias Lugares de Seira
Parroquias de Rois
Categoría:Lugares de Rois