Souto é unha aldea da parroquia de Leroño, no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o IGE, en 2018 tiña 36 habitantes (15 homes e 21 mulleres).

Etimoloxía A palabra Souto vén do latín; saltus que significa fraga, bosque, selva. Chámase así porque é un terreo poboado de castiñeiros, no que se cultiva a castaña e se obtén madeira para leña.

Xeografía Atópase a uns 22 km de Santiago de Compostela e está situado no val do río Baleirón cunha altitude duns 116 msnm. Souto ocupa unha superficie de 950 000 m2.

Hábitat miniatura|Río en Souto A aldea está situada nun lugar baixo e abrigado, por ela cruza o río Baleirón, afluente do río Rois.Río Rois

Todo o lugar está rodeado de monte con moita vexetación que, na súa maior parte, medra espontaneamente.

Cultura e patrimonio

Souto ten abundante patrimonio:

Oito hórreos, tres deles dispersos e os outros cinco nunha eira onde antes se mallaba e se secaban os legumes. Dous cruceiros, un deles sábese que data do ano 1730 porque ten gravada a data e unhas inscricións en latín. Un pozo e unha fonte de 1934 na que antigamente se lavaba a roupa. Dous muíños de auga. Un deles aínda conserva a moega, a pedra e o rodezno. Unha mina de auga. Un pombal. Na aldea tamén hai uns batáns, que eran os lugares onde estaban antigamente estes aparellos de madeira, construídos no curso de auga.

No monte de Souto hai unha cruz de pedra que antigamente marcaba o camiño sacramental ata a igrexa parroquial de Santa María de Leroño. Os veciños dicían que a cruz tamén era un sinal de protección. Dise que protexe a aldea e os seus habitantes contra todo tipo de males, meigallos, bruxas e tamén contra o lume.

Lugares e parroquias Lugares de Leroño

Parroquias de Rois

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rois

Souto