Sabacedo é un lugar da parroquia de Ermedelo no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 15 habitantes (5 homes e 10 mulleres). Patrimonio
A aldea ten catro casas: a de Paulos, a dos da Pelada, a de Caseiro e a dos da Xampena. Na aldea está a igrexa parroquial de San Martiño, e fronte a ela houbo unha tasca. Xunto á igrexa hai un palco da festa, a carón do cemiterio novo. Hai dous cruceiros, un na aldea e outro no cemiterio.
Lugares e parroquias Lugares de Ermedelo
Parroquias de Rois
Categoría:Lugares de Rois