Como topónimo San Martín é a forma propia da variante oriental do galego para San Martiño, co diminutivo -ín no canto de -iño. Pode referirse a:
En Galiza San Martín de Neira de Rei, parroquia do concello de Baralla; San Martín, lugar de dita parroquia; San Martín de Suarna, parroquia do concello da Fonsagrada; San Martín de Suarna, lugar de dita parroquia; San Martín de Arroxo, parroquia do concello da Fonsagrada; San Martín, lugar de dita parroquia; San Martín de Lúa, parroquia do concello de Pol; San Martín da Ribeira, lugar da parroquia da Ribeira, no concello de Cervantes; San Martín das Cañadas, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes; San Martín de Cereixedo, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes; San Martín de Robledo, lugar da parroquia da Veiga de Logares, no concello da Fonsagrada.
Fóra de Galiza
En Asturias San Martín de Ozcos, rexión da Terra Eo-Navia.
En Estremadura San Martiño de Trebello, rexión do Val de Xálima, na fala Sa Martín de Trevellu.
En Colombia San Martín, concello do departamento de Cesar. San Martín de Loba, concello do departamento de Bolívar. San Martín, concello do departamento de Meta.
En México San Martín de las Pirámides, concello do Estado de México.
Véxase tamén Outros artigos