Ivan Rakitić, nado en Rheinfelden (Suíza) o 10 de marzo de 1988, é un futbolista profesional que xoga de centrocampista e o seu club actual é o Sevilla FC da Liga Santander. Ademais, é internacional na selección de Croacia. Malia haber xogado coas categorías inferiores de Suíza, Rakitić decidiu xogar internacionalmente con Croacia debido á nacionalidade dos seus pais.

Traxectoria Club Tras pasar uns anos nas categorías inferiores do FC Basel, Rakitić fixo o seu debut co primeiro equipo o 29 de setembro de 2005, nun partido da Copa da UEFA contra o Široki Brijeg.

O 22 de xuño de 2007, fichou polo FC Schalke 04 alemán por 5 millóns de euros.

O 28 de xaneiro de 2011, asinou un contrato de catro anos e medio co Sevilla FC, a cambio de 2.5 millóns de euros.

O 16 de xuño de 2014, Rakitić asinou un contrato de cinco anos co FC Barcelona, efectivo dende o día 1 de xullo.

Rakitić xogou coa selección croata dende 2007, incluíndo participacións nas Eurocopas de 2008 e de 2012, e no Mundial de 2014.

Palmarés Club FC Basel Copa de Suíza: 1 2006–07

Sevilla UEFA Europa League: 1 2013–14

Barcelona Liga Española: 4 2014–15, 2015–16, 2017–18, 2018–19 Copa do Rei: 4 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2017–18 Supercopa de España: 2 2016, 2018 Liga de Campións: 1 2014–15 Supercopa de Europa: 1 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina web do Sevilla FC Perfil de Rakitić en FIFA.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no cantón de Argovia Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Basel Categoría:Xogadores do FC Schalke 04 Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA