Galicia Industrial y Comercial foi unha revista editada na Coruña de 1926 a 1936.
Historia e características Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en abril de 1926. Fundada por Ernesto de Cádiz Vargas, constaba de 36 páxinas e tiraba 1.000 exemplares. Foron os seus directores Ramón Cueto Noval, Leopoldo Hernández Robredo e Joaquín Martín Martínez. Comprometida coa modernización de Galicia e centrada no eido económico, abarcou temas de industria, navegación, comercio, agricultura, finanzas, actualidades, artes e ciencias. Das ilustracións foron autores Ramón Torrado, Carlos Sobrino Buhigas, Castelao, Álvaro Cebreiro e Camilo Díaz Baliño. A partir de 1931 incluíu de traballos literarios de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Abelenda Zapata, Carlos Martínez-Barbeito e Roberto Blanco Torres. Desapareceu en xuño de 1936, o seu último director, Joaquín Martín, foi fusilado.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1926 en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas