A VI Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Redondela do 24 ao 26 de outubro de 1915. Historia e características
Aínda que prevista para o ano anterior, adiouse pola represión desatada contra Acción Gallega. A presidencia desempeñouna Juan Rof Codina. Contou coa adhesión do presidente do goberno Eduardo Dato, do ministro de Fomento (Luis Espada Guntín) e de moitos deputados. Acordouse celebrar a seguinte Asemblea en Santiago de Compostela e nomear a Rof Codina presidente da comisión organizadora e encargar o cuestionario da reunión a Bartolomé Calderón.
Véxase tamén Outros artigos V Asemblea Agraria de Galicia VII Asemblea Agraria de Galicia
Categoría:Asembleas agrarias de Galicia
Categoría:1915 en Galicia Categoría:Redondela Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes