Os glucanos son un tipo de polisacáridos formados especificamente por unidades monómeras do monosacárido D-glicosa, que están unidos por medio de enlaces glicosídicos. Entre eles están polisacáridos tan importantes como o glicóxeno, o amidón e a celulosa, que exercen funcións de almacenamento enerxético ou estruturais na célula.
Moitos beta-glucanos son medicamente importantes, xa que son dianas para fármacos antifúnxicos da clase da equinocandina.
Glucanos e glicanos Aínda que, tal como recomenda a Academia, para o nome dos glícidos en galego se utiliza normalmente a raíz glic (do grego glykys, doce), se ben tamén está aceptada a raíz gluc, neste caso cómpre distinguir entre parellas como glucano e glicano, que se refiren a tipos de moléculas distintos, o que se fixo aquí seguindo os usos internacionais (por exemplo, inglés glucan = galego glucano, e inglés glycan = galego glicano).
Cómpre non confundilos, xa que os glicanos son polímeros de monosacáridos formados por calquera tipo de monosacáridos unidos por enlace glicosídico, polo que o termo é sinónimo de polisacárido.IUPAC Gold book Glycans Glucano é un termo máis restritivo, xa que son un tipo de glicano, concretamente son glicanos que están formados especificamente por glicosa. Por tanto, os glucanos están incluídos dentro dos glicanos.
Tipos Poden dividirse en glucanos α e β, segundo a xeometría do seu enlace glicosídico.
Alfa
dextrano, α-1,6-glucano con ramificación α-1,3 glicóxeno, α-1,4- e α-1,6-glucano pululano, α-1,4- e α-1,6-glucano amidón, α-1,4- e α-1,6-glucano
Beta
celulosa, β-1,4-glucano crisolaminarina, β-1,3-glucano curdlana, β-1,3-glucano laminarina, β-1,3- e β-1,6-glucano lentinana, un β-1,6:β-1,3-glucano estritamente purificado procedente do fungo Lentinula edodes liquenina, β-1,3- e β-1,4-glucano pleurana, β-1,3- e β-1,6-glucano illado do fungo Pleurotus ostreatus cimosano (ou zimosano), β-1,3-glucano
Notas
Categoría:Polisacáridos