A pleurana ou pleurano é un polisacárido insoluble formado por unidades de glicosa ( un glucano), que foi illado do fungo Pleurotus ostreatus. É un polímero lineal formado por glicosas unidas por enlaces glicosídicos β-1,3 e β-1,6.
Este beta-glucano ten propiedades de modificador da resposta biolóxica. As súas propiedades inmunomoduladoras fan que o hóspede sexa máis resistente a infeccións e neoplasmas.
Nun estudo publicado en 2010, este composto demostrou ter un efecto protector contra a supresión da actividade dalgunhas células inmunes (células NK) inducida polo exercicio en suxeitos que tomaban 100 mg diarios.
Noutro estudo publicado en 2011, este glucano viuse que reducía a incidencia das infeccións do tracto respiratorio superior e incrementaba o número de células NK circulantes.
Tamén esta a ser estudado como un potencial adxuvante inmunolóxico.Vogel FR, Powell MF, Alving CR (1998). A Compendium of Vaccine Adjuvants and Excipients. 2nd ed. National Institute of Allergy and Infectious Diseases. p. 77. Consultado o 2008-05-08.
Notas
Categoría:Polisacáridos