O exarcado apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia foi un exarcado apostólico da Igrexa Católica Ucraína estabelecido en 1931.

Historia Xa en 1907 o Metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi obtivera do papa Pío X permiso para organizar a estrutura e a xerarquía da Igrexa Grecocatólica nos territorios de Rusia. Este privilexio lle sería confirmado polos seus sucesores Bieito XV e Pío XI. .

En base a este privilexio, en setembro de 1939, logo da invasión de Polonia por Alemaña e a Unión Soviética, e pola extensión da influencia ortodoxa nas áreas baixo dominio soviético, o sínodo grecocatólico ucraíno decidiu nomear 3 exarcas encargados de crear a estrutura eclesiástica na Unión Soviética, que se sumarían a Klymentii Sheptytskyi, exarca de Rusia e Siberia: Yosyf Slipyi (Ucraína), Anton Niemancevič (Belarús) e Mykolai Charnetskyi (Volinia, Polesia e Podlasia).

O exarcado deixou na práctica de existir cando o seu exarca Mykolai Charnetskyi foi arrestado pola NKVD soviética o 11 de abril de 1945, logo da segunda guerra mundial. .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ukrainian Apostolic Exarchate of Volhynia, Polesia and Pidliashia

Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Divisións territoriais católicas en Polonia Categoría:Divisións territoriais católicas en Belarús Categoría:Divisións territoriais católicas en Ucraína Categoría:Exarcados