San Vicenzo de Aro é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 270 habitantes (125 homes e 145 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 364 habitantes.
Xeografía Está bañada polos ríos Barcala, Pequeno e Corzán.
Patrimonio A igrexa de San Vicenzo foi construída entre finais do século XVIII e comezos do XX. Os muros laterais foron construídos por tramos, e a fachada ten un gran frontón recto. O templo é de nave única, cunha gran bóveda de canón corrida e unha bóveda de arestas no presbiterio. A carón da igrexa está o hórreo de San Vicenzo.
No lugar de Camiño Real foi construída a mediados do século XX unha escola, financiada pola Sociedad Barcalesa de Barcala (Cuba).
Na parroquia hai tradición de cestería artesá, que se vendía nos mercados de Negreira, Noia e Santa Comba.
Festas As festas parroquiais teñen lugar o 22 de xaneiro. Celébrase tamén o Corpus Christi e a festa do Carme o 16 de xullo.
Lugares e parroquias Lugares de Aro
Parroquias de Negreira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Negreira
Categoría:Parroquias de Negreira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo