A esplenomegalia é unha condición na que o tamaño do bazo fica aumentado. Morfoloxicamente considérase que o tamaño normal do bazo é de entre 11 e 14 cm, e adoita pesar entre 150 e 200 g.eMedicine > Splenomegaly Autor: Gina M Matacia-Murphy. Actualización: 20 de abril de 2012.

Causas Infecciosas Mononucleose infecciosa (producidas polos virus EBV ou CMV) Outras infeccións virais Infeccións parasitarias (Paludismo etc.) Infeccións bacterianas (Tuberculose, Brucelose etc.) Bartonelose ou doenza por rabuñadura de gato. Patoloxía hepática Insuficiencia hepática Colestase hepática Cirrose Colanxite esclerosante Fibrose quística Atresia biliar Doenza de Wilson Procesos tumorais Linfoma Linfoma de Hodgkin Leucemia Anemias hemolíticas Hemoglobinopatías Talasemia Anemia hemolítica inmunitaria Anemia hemolítica por deficiencia G-6-PD Anemia hemolítica idiopática autoimnunitaria Outras causas Sarcoidose Síndrome de Felty Depranocitose Doenza de Gaucher Mastocitose sistémica

Signos e síntomas A esplenomegalia polo xeral é asintomática. Porén, algúns síntomas habituais poden ser a dor no hipocondrio esquerdo, baixo as costelas; ou a imposibilidade de realizar comidas abundantes e copiosas. Poden presentarse habitualmente náuseas e até vómitos.

O hiperesplenismo secundario á esplenomegalia pode causar palidez, mais o síntoma máis evidente nesta condición é a formación de petequias e hematomas por mor da diminución do número de plaqueta (trombopenia).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hepatomegalia Ligazóns externas

Categoría:Bazo