O H (hache) é a oitava letra do alfabeto galego, e non representa ningún fonema.
Historia Xeroglífico exipcio reixa Proto-semítico Fenicio Etrusco H Grego (H)etaN24Ficheiro:Proto-semiticH-01.pngFicheiro:PhoenicianH-01.pngFicheiro:EtruscanH-01.png64px
A letra semítica ח (ḥêṯ) probabelmente representaba a fricativa farínxea xorda ([ħ]). A forma da letra probabelmente representaba unha reixa. O H grego primitivo pronunciábase /h/ mais, con posterioridade, esta letra, eta (Η, η), tornouse nunha vogal longa, /ɛː/.
Tanto o etrusco como o latín contaban co /h/ entre os seus fonemas, mais a maioría das linguas romances perdérono (o romanés tomouno de novo das linguas eslavas veciñas, o castelán desenvolveu un /h/ secundario a partir de F e perdeuno despois e, por outra banda, o /x/ produciu un alófono [h] nalgúns dialectos). En galego emprégase por motivos etimolóxicos.
Véxase tamén Entradas da enciclopedia que comezan por H
Categoría:Grafémica