Peter Vaughan, nado o 4 de abril de 1923 e finado o 6 de decembro de 2016, foi un actor inglés coñecido polos seus papeis secundarios nunha morea de filmes e producións televisivas británicas. Traballou moito en teatro, sendo coñecido por interpretar inspectores de policía, axentes soviéticos e papeis semellantes. É famoso polo seu papel de Grouty na comedia Porridge (malia saír só en tres episodios) e polo seu papel recorrente en Citizen Smith, escrito por John Sullivan. Tamén tivo papeis importantes como Tom Franklin en Chancer (1990–1991) e como Maester Aemon na serie da HBO Game of Thrones.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Shropshire Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2016