Lucio Cornelio Escipión Barbado (en latín, L. Cornelius Cn.f. Scipio Barbatus) foi un dos dous cónsules romanos o -298. Levou ao exército romano á vitoria contra os etruscos preto de Volterra. Membro da familia patricia dos escipións, pai de Lucio Cornelio Escipión e avó de Cneo e Publio Cornelio Escipión.
Traxectoria O sarcófago que contén o seu corpo, hoxe no Museo Vaticano, preserva o seu epitafio, unha vella inscrición latina en métrica saturniña. A inscrición reza así:
A tradución ó galego é: "Cornelio Lucio Escipión Barbado, naceu de Cneo o seu pai, como home forte e sabio, cuxa aparencia gardaba as súas moitas virtudes, quen foi cónsul, censor e edil entre vós - Conquistou Taurasia, Cisauna, Samnio - subxugou toda Lucania e liberou aos seus prisioneiros."
Foi censor patricio o -280, o seu mandato foi importante dado que é o primeiro sobre o que se garda un rexistro fiábel.
Notas
referencia
Categoría:Nobres romanos Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Censores romanos