Alejandro Temblás Paz, nado en Ourol cara a 1909 e finado en Balteiro o 20 de abril de 1938, foi un político galego.

Traxectoria Carpinteiro veciño de Merille e militante do PSOE. Na Segunda República foi presidente da Agrupación Socialista Obrero-Campesina de Merille afiliada á UGT e presidente da Casa del Pueblo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escapou ao monte e formou parte dunha partida de fuxidos. Foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión.

O 16 de abril de 1938 foi visto entrando por unha das fiestras da vivenda das irmás María Josefa e Felicitas Casabella, residentes na aldea do Candedo, que lle prestaban axuda. Alguén deu aviso á Garda Civil e os falanxistas e gardas civís cercaron a casa. Despois dun intercambio de disparos, Temblás saltou por unha fiestra, pero quedou ferido nunha perna ao caer sobre unha bancada; aínda así logrou fuxir e escapou polo monte ata Xerdiz. Finalmente foi localizado e asasinado no lugar de Balteiro o 20 de abril.

Véxase tamén Ligazóns externas As tres rosas vermellas do Candedo La fosa perdida de las Casabella Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Ourol Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos