Dositeo Neira Gayoso, nado en Rosende (Sober) en 1841 e finado en Lugo o 5 de setembro de 1932,El Pueblo Gallego, 6-9-1932, p. 5.El Ideal Gallego, 18-9-1932, p. 4. foi un fidalgo e político galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Neira Montenegro e Ramona Gayoso Ulloa. Dedicouse á carreira diplomática, foi secretario do duque de Osuna, cando era ministro plenipotenciario de España en Rusia. Elixido senador pola provincia de Lugo en 1893 e 1894, pola provincia de Ourense en 1901 e 1902, novamente pola provincia de Lugo de 1905 a 1907, finalmente foi nomeado senador vitalicio en 1910. Foi concelleiro de Lugo e deputado provincial. Vencellado a El Progreso, foi defensor dos perceptores de rendas na campaña antiforal desencadeada polo agrarismo.

Vida persoal Casou con Purificación Pedrosa Ulloa e foi pai de Ramón e Blanca Neira Pedrosa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Pardo de Neyra, Xulio (2001): Dositeo de Neyra y Gayoso (1841-1932), paradigma da fidalguía galega na política da Galicia Liberal da Restauración. Traballo de investigación Universidade de Santiago de Compostela.

Ligazóns externas Ficha no Senado Xenealoxía Neira Gayoso (Casa da Olga) Caraño - Pol.

Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Concelleiros de Lugo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Senadores de Galicia

Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1932