Manuel Gómez Portela, nado na Lama en 1890 e finado en Vilar de Barrio o 6 de outubro de 1960, foi un político galego.
Traxectoria Mestre canteiro. Foi detido en Maceda en decembro de 1927 con Joaquín Moreiras Fonseca e Urbano Cid Santos, acusados do derrubamento dun hórreo.El Pueblo Gallego, 11-12-1927, p. 10. Militante do PSOE e afiliado á UGT. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Vilar de Barrio o 17 de marzo de. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo e permaneceu en prisión até o 10 de agosto. Despois estivo agochado na Lama até a fin da guerra. Finou en Vilar de Barrio o 6 de outubro de 1960.La Región, 11-10-1960, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Vilar de Barrio dedicará unha sala do Concello ao último alcalde republicano
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Vilar de Barrio Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados na Lama Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1960
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes