Axel Thomas Witsel, nado en Liexa o 12 de xaneiro de 1989, é un futbolista belga que xoga para o Borussia Dortmund da Bundesliga alemá e para a . A súa posición natural é a de medio centro, mais tamén pode xogar como medio ofensivo. Con todo, cando chegou ao fútbol profesional xogaba na posición de lateral dereito.
Traxectoria O primeiro equipo de Witsel foi o Standard Liège, co que debutou nun partido ante o Brussels FC, entrando como substituto de Steven Defour no minuto 89. Aquilo ocorreu o 17 de setembro de 2006, cando Axel contaba con tan só 17 anos de idade. Once días despois, fixo o seu debut nunha competición europea, concretamente na Copa da UEFA, onde o seu equipo saíu eliminado ante os galegos do Celta de Vigo. Durante a tempada 2007-08, e con 18 anos de idade, Witsel converteuse nun dos xogadores que gañaría o título de liga para o Standard, xunto a outros talentos belgas como Steven Defour e Marouane Fellaini. Ese mesmo ano gañaría o premio ao Mellor Xogador Mozo do Ano, e o Zapato de Ouro, que premia ao mellor xogador do torneo. Na tempada seguinte, anotou o gol co que seu club volveu conseguir o campionato de liga, tras imporse no dobre play-off ante o Anderlecht.
O 30 de agosto de 2009, Witsel rompeu a perna dereita do xogador polaco Marcin Wasilewski, nun dos clásicos disputados entre o Standard Liège e o Anderlecht. Axel protestou polo cartón vermello que recibiu e a pesar de desculparse por este incidente, a reacción dos seareiros do club púrpura e sobre todo, dos polacos, non se fixo esperar: Witsel foi ameazado de morte. Finalmente, a Real Federación Belga de Fútbol suspendeu ao internacional belga con oito partidos de Liga, a pesar de que a sanción inicial foi de once encontros, máis unha multa de 250 euros, que igualmente foi reducida dos 2.500 euros que debía pagar nunha primeira instancia.
O 13 de xullo de 2011 o Standard Liège anuncia mediante un comunicado no seu sitio web o traspaso do xogador ao SL Benfica de Portugal, sen dar detalles sobre a transferencia. Segundo medios locais o club portugués tería pagado unha cifra próxima ao oito millóns de euros. O 3 de setembro de 2012 é fichado polo Zenit de San Petersburgo por 40 millóns de euros.
Títulos Campionatos nacionais TítuloClubEstadoAnoPrimeira DivisiónStandard Liège2007–08Supercopa de BélxicaStandard Liège2008Primeira DivisiónStandard Liège2008–09Supercopa de BélxicaStandard Liège2009Copa de BélxicaStandard Liège2010-11
Distincións individuais DistinciónAno Mellor Xogador Promesa da Liga de Bélxica<center>2008 Mellor Xogador da Liga de Bélxica<center>2008
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil en Transfermakt Perfil en Soccerbase Perfil na web oficial do Zenit
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Liexa Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Xogadores do Standard de Liège Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do FC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026