Foster the People é unha banda de música indie pop formada nos Ánxeles (California) en 2009. O grupo está formado por Mark Foster (voz, teclado, piano, sintetizadores, guitarra, e percusión) e Mark Pontius (percusión e coros). A súa música, descrita como dance melódico infundido de pop e rock, mestura varios xéneros.

Foster fundou o grupo no ano 2009 despois de estar varios anos nos Ánxeles loitando por ser músico e traballando como escritor cancións de anuncios. Despois de que a cancións de Foster "Pumped Up Kicks" se convertese nun éxito viral no ano 2010, o grupo recibiu unha oferta de Startime International e conseguiu unha boa base de fans en pequenos concertos e aparicións en festivais. Despois de lanzar o seu primeiro álbum Torches en maio de 2011, "Pumped Up Kicks" converteuse nun éxito comercial e acadou o número 3 nos Billboard Hot 100. A gravación tamén conta cos populares sinxelos "Helena Beat" e "Don't Stop (Color on the Walls)". O grupo recibiu dous nomeamentos ós Premios Grammy por Torches e "Pumped Up Kicks".

Despois de facer xiras durante dous anos co seu traballo Torches, Foster the People estreou o seu segundo álbum Supermodel, en marzo de 2014. Foi precedido polo sinxelo "Coming of Age".

Membros miniatura|Sean Cimino (diante) co grupo en xuño de 2011.

Membros actuais Mark Foster – voz, guitarra, piano, teclado, sintetizadores, batería, percusión (2009–presente) Mark Pontius – batería, percusión (2009–presente)

Membros antigos Cubbie Fink – baixo, coro, teclado, sintetizadores (2009–2015)

Membros das xiras e de gravacións de estudio Sean Cimino – guitarra, piano, teclado, coros (2010–presente) Isom Innis – piano, teclado, batería, percusión, coros (2010–presente) Phil Danyew – guitarra, piano, teclado, sintetizadores, batería, percusión, coro (2014–presente)

Liña de tempo

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Torches 2011 Startime, Columbia Records Supermodel 2014 Columbia Records Sacred Hearts Club 2017 Columbia Records Paradise State of Mind 2024 Atlantic Records

EPs Álbum Ano Selo Foster the People 2011 Startime, Columbia Spotify Sessions 2014 Columbia III 2017 Columbia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 2009 Categoría:Artistas de Columbia Records