Santaia de Liáns é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 10.391 habitantes (5422 mulleres e 4969 homes) o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.209 habitantes.

Cultura Topónimo Liáns hipotetízase que podería ser un antropónimo latino que xorde entre os séculos VII e X.

Patrimonio A igrexa parroquial, de estilo barroco (século XVII), está en Liáns cun antigo camposanto ao seu carón. Esta igrexa é o lugar de filmacións da serie Padre Casares.

O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da ría da Coruña, xunto cos castelos de Santo Antón, San Diego e Santo Amaro. Na actualidade é propiedade do concello de Oleiros e alberga o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

O Museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, situado na Torre de Santa Cruz. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede de Alfaroleiros, unha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de oleiros que expoñen as súas pezas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Liáns

Parroquias de Oleiros

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Oleiros Francisco Miguel Syra Alonso

Categoría:Parroquias de Oleiros Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santaia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía