Abu Bakr al-Baghadadi, nado en Samarra en 1971 e finado en Barisha o 27 de outubro de 2019, foi un xihadista iraquí, líder do Estado Islámico de Iraq e do Levante que se autoproclamou o 29 de xuño de 2014 califa so o nome de Ibrahim. Buscado polos Estados Unidos como terrorista, a revista Time considerouno en 2013 o terrorista máis poderoso do mundoTime, 16 de decembro de 2013.

Traxectoria Non se coñece moito da súa traxectoria vital, puido ser un imán antes da caída de Saddam Hussein que podería xa estar en conexión con movementos salafistas"Iraq crisis: the jihadist behind the takeover of Mosul - and how America let him go" The Telegraph, 11 de xuño de 2014, e segundo información aparecida en webs xihadistas conta cun doutoramento en estudos islámicos dunha universidade de Bagdad"ISIS: The first terror group to build an Islamic state?", CNN, 13 de xuño de 2014. Logo da invasión norteamericana dirixiu pequenos grupos de militantes islamitas contrarios á presenza norteamericana ata que se integrou na organización iraquí de Al Qaida e presidiu o tribunal islámico da cidade de Rawa, preto da fronteira con Siria, onde segundo informacións xornalísticas gañou reputación pola súa brutalidade"Abu Bakr al-Baghdadi: The Isis chief with the ambition to overtake al-Qaida" The Guardian, 12 de xuño de 2014. Detido polas forzas norteamericanas en 2005 estivo prisioneiro en Camp Bucca durante catro anos"How ISIS leader Abu Bakr al-Baghdadi became the world’s most powerful jihadist leader" The Washington Post, 11 de xuño de 2014. Tras a súa liberación integrouse no Estado Islámico de Iraq, onde tamén estaban os militantes de Al Qaida. Logo da morte do líder da organización, esta anunciou nun comunicado o 16 de maio de 2010 a elección de Abu Bakr como o seu novo dirixente. So o seu liderado, desde o outono de 2010, o grupo multiplicou os seus ataques, tanto contra os cristiáns e os xiítas como contra obxectivos gobernamentais e policiais. Entre os que salienta a toma de reféns o 31 de outubro de 2010, Día de Tódolos Santos, no interior da catedral de Bagdad, o que provocou a morte de 46 persoas.Bagdad : des chrétiens à nouveau victimes d'attentats Le Parisien, 10 de novembro de 2010

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Iraq Categoría:Nados en Iraq