Ezequiel Marcelo Garay González, nado en Rosario o 10 de outubro de 1986, é un futbolista profesional arxentino que xoga de defensa central no Valencia CF. Ademais, é internacional coa selección da Arxentina.

Traxectoria Club Garay debutou profesionalmente con 18 anos no equipo da súa cidade natal, o Newell's Old Boys. En decembro de 2005 chegou á Primeira División Española ó fichar polo Racing de Santander, onde axudou ó equipo a manter a categoría. Na súa primeira tempada enteira en Santander, anotou 9 goles en 31 partidos, sendo o segundo defensa máis anotador de Europa, tan só por detrás de Marco Materazzi do Inter de Milán, que anotou 10 goles.

O 18 de maio de 2008, Garay deixou o Racing e fichou polo Real Madrid, pero foi cedido ó Racing de novo esa mesma tempada. Garay volveu á seguinte tempada e fixo o seu debut co Real Madrid no primeiro partido contra o Deportivo da Coruña, na vitoria do Real Madrid por 3-2.

O 5 de xullo de 2011, Garay foi traspasado ó SL Benfica a cambio de 5.5 millóns de euros, e asinou un contrato de catro anos co equipo portugués.

O 25 de xuño de 2014, o Benfica vendeu a Garay ó Zenit San Petersburgo a cambio de 6 millóns de euros.

Palmarés Club Newell's Old Boys Primeira División da Arxentina: Apertura 2004

Real Madrid Copa do Rei: 2010–11

Benfica Primeira Liga: 2013–14 Taça de Portugal: 2013–14 Taça da Liga: 2011–12, 2013–14

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Benfica Perfil en BDFutbol.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Rosario Categoría:Futbolistas olímpicos da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do FC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol