Antonio Nieto Oliva, nado en Xinzo de Limia o 14 de novembro de 1899 e finado no mesmo concello o 29 de xullo de 1986, foi un comerciante, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Antonio Nieto. Fixo o servizo militar en Madrid e estivo en Melilla en 1923. Volveu a Xinzo de Limia para atender o comercio "La Moda" dos Herdeiros de Antonio Nieto. Colaborou en Juventud, El Agrario, El Látigo e El Eco de Monterrey e fundou e dirixiu El Pueblo Antelano. Foi correspondente en Xinzo de Limia de El Pueblo Gallego, colaborou en Vida Gallega, e durante a década dos cincuenta en La Región. Tamén publicou artigos e poemas en Faro de Vigo, Nuevo Támega, Eco de Galicia e Alfar. Na Segunda República formou parte do comité provisional do Partido Agrario Regionalista. No franquismo foi secretario de Acción Católica e presidente do Casino Antelano en varias ocasións. Era curmán de Manuel Casado Nieto, co que mantiña unha estreita relación.
Obras Baixo o ceo de Melilla. Crónicas de África. Collar de estrellas. (Poemas galantes), 1933.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Xinzo de Limia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes