Pivote (en inglés: center), tamén denominado centro nalgunhas zonas de América Latina, ou 5 na terminoloxía empregada polos adestradores, é unha das 5 posicións dun equipo nunha pista de baloncesto. Son, polo xeral, os xogadores máis altos dun equipo, xogando en posicións preto do aro, tanto en ataque coma en defensa. O seu principal rol dentro do equipo é o de rebotear en ambas canastras, e o de intimidación en defensa.
Xogadores históricos NBA Pivotes elixidos na lista dos 50 mellores xogadores da historia da NBA:
Kareem Abdul-Jabbar Wilt Chamberlain Patrick Ewing Jerry Lucas Moses Malone George Mikan Hakeem Olajuwon Shaquille O'Neal Robert Parish Willis Reed David Robinson Bill Russell Wes Unseld
Categoría:Posicións de baloncesto