Shabazz Nagee Muhammad, nado o 13 de novembro de 1992 en Long Beach (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Shanxi Brave Dragons da Chinese Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 16 de abril de 2013, Muhammad declarou a súa intención de presentarse ó Draft da NBA de 2013. Muhammad foi elixido na 14ª posición do Draft polos Utah Jazz, pero os seus dereitos foron posteriormente traspasados ós Minnesota Timberwolves xunto á 21ª elección, Gorgui Dieng, a cambio da 9ª elección, Trey Burke.

O 5 de xaneiro de 2014, Muhammad foi asignado ós Iowa Energy da NBA Development League.Wolves Assign Shabazz Muhammad To Iowa Energy En catro partidos con Iowa, acadou 24.5 puntos e 9.8 rebotes por partido, cunha porcentaxe de 57.1% de tiros de campo. O 13 de xaneiro, foi chamado de volta polos Timberwolves.

O 15 de setembro de 2017, asinou un novo contrato cos Timberwolves. O 1 de marzo de 2018 foi cortado polos Timberwolves.

O 4 de marzo de 2018, Muhammad asinou cos Milwaukee Bucks.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013-14 Minnesota 37 7.8 .460 .273 .650 1.4 0.2 0.2 0.0 3.9 Total 37 7.8 .460 .273 .650 1.4 0.2 0.2 0.0 3.9

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Long Beach Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks