Dorothé Schubarth, nada en Basilea o 11 de setembro de 1944 e finada na mesma cidade o 6 de setembro de 2023, foi unha investigadora, docente, musicóloga e compositora suíza. Tras facer estudos musicais na súa cidade natal, ampliounos logo en Colonia e Múnic. Rexistrou, xunto con Antón Santamarina, primeiramente o Cancioneiro galego de tradición oral, publicado en 1982,Cancioneiro galego de tradición oral, A Coruña, 1982, ISBN 84-85728-18-1. e, posteriormente, o monumental Cancioneiro popular galego en sete volumes, editado en 1984 e dixitalizado en 2012 pola Fundación Barrié.
Recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio da Crítica Galicia (1985), o Pedrón de Ouro (2013), dedicóuselle o primeiro Día das Galegas nas Letras no ano 2014, e foi nomeada Mestra da Memoria en 2019 pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Traxectoria
Carreira profesional miniatura|Cántigas populares, Biblioteca Básica da Cultura Galega. miniatura|Campa familiar. Dende 1971 ocupou a cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna. Dende este lugar desenvolveu unha intensa tarefa de pescuda da música popular europea, dando especial atención á zona dos Balcáns e do Cáucaso, así como aos cancioneiros de Alemaña e Francia. Como resultado destes traballos de campo publicou a obra Das Volkslied in Europa. Vielfalt seiner Erscheinungsformen ("O canto popular en Europa. Diversidade das súas formas").
Chegada a Galicia En 1978 chegou a Galicia durante as súas vacacións, coa intención de coñecer a súa música popular. A que ía ser unha breve estadía de descanso deveu, grazas a unha bolsa da Fundación Barrié, en anos de pescudas, viaxes, entrevistas con informantes e centos de gravacións perfectamente conservadas. En 1984, despois dun intenso traballo de recollida, da análise, clasificación e estudo dese material, para o que contou coa colaboración do profesor Antón Santamarina, publicouse o Cancioneiro popular galego, en sete volumes, nunha edición patrocinada pola Fundación Barrié. Esta obra está considerada o máis amplo repertorio da musical popular de tradición oral galega.
Os musicólogos que até aquel momento fixeran estudos sobre a música popular ficaran na superficie do traballo, realizando compilacións de cantigas. Pola contra, Schubarth levou a cabo unha análise en profundidade das melodías, achegando unha proposta crítica de clasificación e propondo teorías sobre as orixes dos diferentes tipos. Ademais, foi a primeira que recoñeceu a importancia das informantes, sendo a primeira pescudadora culta que recolleu os seus nomes. Foron cinco anos de traballo arreo por aldeas, montes e corredoiras, que non remataron coa publicación dos materiais, senón que crearon un vínculo permanente da musicóloga con Galicia. Algunhas das persoas que lle serviron de informantes seguiron mantendo a relación con ela.
No ano 2014, doou os seus rexistros sonoros, 248 CD (copias dixitalizadas das gravacións orixinais) coas correspondentes transcricións a cargo de Antón Santamarina, ao Museo do Pobo Galego, onde foron incorporados ao seu arquivo dixital e ao Consello da Cultura Galega que permite o seu acceso no Arquivo Sonoro de Galicia. Neste mesmo ano, a plataforma de crítica literaria feminista A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras. No ano 2020, elaborouse o documental Dorothé na Vila que mostra e reflexiona sobre o traballo de campo realizado pola musicóloga suíza case medio século antes.
Recoñecementos Premio da Crítica Galicia, VIII Edición, (1985). Premio Día do Orgullo Gaiteiro da AOFT Gomes Mouro Ourense (2009).El VI Día do Orgullo Gaiteiro homenajerá a la musicóloga Dorothé Schubarth, a Antón Santamarina y a Faustino Luis Seoane Premio Pedrón de Honra (2013). Día das Galegas nas Letras (2014). Galardón honorífico dos Premios Martín Codax (2017). Premio Honorífico da Asociación de Músicos ao Vivo (2017). Mestra da Memoria 2019 da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Música tradicional galega Pandeireteiras Romanceiro popular galego de tradizon oral Ligazóns externas "Dorothé Schubarth: datos biográficos", páxina da plataforma de crítica literaria A Sega. "Dorothé Schubarth e Antón Santamarina", páxina da Asociación de Gaiteiros Galegos. Cancioneiro popular galego Fundación Barrié. Dorothé Schubart. Polafías. Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega.
Categoría:Nados en Basilea Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Día das Galegas nas Letras Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Artigos destacados sobre Galicia