é unha serie de videoxogos de supervivencia e terror creados por Makoto Kedōinhttps://ja.wikipedia.org/wiki/%E7%A5%81%E7%AD%94%E9%99%A2%E6%85%8E e desenvolvidos por Team GrisGris.Gris Gris Official Website : http://www.gris2.com/ O primeiro xogo da serie foi desenvolvido usando o software RPG Maker e foi estreado en 1996 para o PC-9801. Tivo dúas continuacións: Corpse Party: Blood Covered, que foi lanzado para Microsoft Windows o 8 de marzo de 2008; e Corpse Party: Blood Covered ...Repeated Fear, que foi lanzado para PlayStation Portable o 12 de agosto de 2010, e iOS o 9 de febreiro de 2012. O xogo foi lanzado en Norte América e Europa por Xseed Games baixo o título Corpse Party.

O xogo de PSP tivo a súa secuela, Corpse Party: Book of Shadows, que foi estreada para PSP o 1 de setembro de 2011 no Xapón, e o 15 de xaneiro de 2013 en Norte América. Un xogo spin-off, , foi lanzado para PSP no Xapón o 2 de agosto de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Team GrisGris Páxina do manga

Categoría:Manga Categoría:Series de videoxogos Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de PlayStation Vita Categoría:Videoxogos de PlayStation Portable Categoría:Videoxogos de Nintendo 3DS