Beatrice Whitney Straight, nada en Old Westbury (Nova York) o 2 de agosto de 1914 e finada nos Ánxeles o 7 de abril de 2001 foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Nada nos Estados Unidos, tiña catro anos cando o seu pai morreu de gripe mentres participaba na primeira guerra mundial. Tralo novo matrimonio da súa nai, toda a familia marchou a Inglaterra, onde foi educada e onde comezou a actuar en obras teatrais. De volta ao seu país, debutou en Broadway en 1939.
Straight era membro de Actors Studio e tamén apareceu nos primeiros anos da televisión. Porén, a súa presenza no cinema foi menos habitual, destacando a súa interpretación en Network, un mundo implacable (1976), coa que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. Neste filme aparece tan só cinco minutos e corenta segundos, o que a converte na interpretación máis curta que gañou un Oscar.
Tras anos sufrindo o alzhéimer finou de pneumonía aos oitenta e seis anos.
Filmografía Filme Ano Phone Call from a Stranger 1952 The Silken Affair 1956 Patterns 1956 Historia dunha monxa 1959 The Young Lovers 1959 The Garden Party 1973 Network, un mundo implacable 1976 Bloodline 1979 The Promise 1979 The Formula 1980 Endless Love 1981 Poltergeist 1982 Two of a Kind 1983 Wes Craven's Chiller 1985Robert Kennedy & His Times 1985 Power 1986 Deceived 1991
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Nassau, Nova York Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2001