Frederico Carlos de Hesse-Kassel, nado o 1 de maio de 1868 en Panker, Holstein, Reino de Prusia e finado o 28 de maio de 1940 en Kassel, foi un príncipe alemán de Hesse. Frederico Carlos era fillo do príncipe Frederico de Hesse-Kassel e Ana de Prusia. Foi elixido rei de Finlandia o 9 de outubro de 1918, pero nunca subiu ao trono debido a que Alemaña perdeu a primeira guerra mundial. O emperador Guillerme II de Alemaña era o seu cuñado.

Matrimonio e descendencia Casou coa princesa Margarida de Prusia e tiveron seis fillos, todos varóns.

Na época da voda, o príncipe Frederico Carlos non era aínda a cabeza da Casa de Hesse-Kassel. Este título foille outorgado cando o seu irmán máis vello Alexandre Frederico abdicou para casar cunha plebea. O trato do príncipe Frederico foi ascendido ao de Alteza, en canto o de Margarida o foi ao de Alteza Real.

Os seus fillos foron (houbo dous pares de xemelgos):

Frederico de Hesse-Kassel (1893-1916). Morto na primeira guerra mundial. Maximiliano de Hesse-Kassel (1894-1914). Morto na primeira guerra mundial. Filipe de Hesse-Kassel (1896-1980). Casado coa princesa Mafalda de Savoia. Wolfgang de Hesse-Kassel (1896-1989). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa María Alexandra de Baden. Sen descendencia. Ricardo de Hesse-Kassel (1901-1943). Faleceu solteiro e sen descendencia. Cristovo de Hesse-Kassel (1901-1943). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa Sofía de Grecia e Dinamarca. Con descendencia. Morto na segunda guerra mundial.

Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Historia de Finlandia Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán