San Martiño de Marzoa é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Oroso. Segundo o INE de 2021 tiña 180 habitantes (90 homes e 90 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Patrimonio Da época do megalitismo consérvase a Medorra do Coto do Lobo, en Recouso. O tesouro de Recouso, atopado no castro do mesmo nome, está formado por diversas figuras de ouro da cultura castrexa. Por Recouso pasaba o camiño que vai de Sigüeiro até Betanzos. Tamén da época idade de ferro é o castro de Marzoa, situado ao lado da igrexa parroquial.

Outros elementos arquitectónicos de interese son a Casa Grande dos Somoza, a maquía da Ponte Marzoa e o muíño da Grela.

Lugares e parroquias Lugares de Marzoa

Parroquias de Oroso

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Oroso

Categoría:Parroquias de Oroso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño