A Ribera Baja del Ebro é unha comarca de Aragón, en España, situada na provincia de Zaragoza, na ribeira do Ebro. A súa capital é Quinto.
Municipios A comarca engloba aos municipios de Alborge, Alforque, Cinco Olivas, Escatrón, Gelsa, Pina de Ebro, Quinto, Sástago, Velilla de Ebro e La Zaida.
Xeografía Limita ao norte cos Monegros, ao oeste con Zaragoza, ao sur co Campo de Belchite e o Bajo Martín e ao leste co Bajo Aragón-Caspe. Ás veces inclúese esta bisbarra dentro do Bajo Aragón Histórico.
Cultura Destacan entre o seu patrimonio o Mosteiro de Rueda, un mosteiro cisterciense no municipio de Sástago, e as ruínas da colonia romana de Celsa, inicialmente chamada Colonia Victrix Iulia Lépida, preto de Velilla de Ebro.
Véxase tamén
Ligazóns externas Comarca Ribera Baja del Ebro, en comarcaacomarca.com Comarcalización de Aragón, Ribera Baja del Ebro
Ribera Baja del Ebro