César Cort Botí, nado en Alcoi en 1893 e finado en Alacant o 14 de xullo de 1978, foi un enxeñeiro e urbanista español.
Traxectoria Estudou Enxeñería Industrial e Arquitectura en Madrid, titulándose en 1916. Iniciouse na docencia en 1918 na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, ocupando o posto ata a promulgación da Ley del Suelo en 1956. Foi o primeiro catedrátido de urbanismo en España.
Durante a Segunda República foi concelleiro monárquico liberal no concello de Madrid. Foi encarcerado durante a guerra civil e a súa biblioteca desapareceu. Trala guerra formou parte do Servizo Nacional de Rexións Devastadas e do Instituto de Vivenda.
Obra Participou activamente no planeamento urbanístico de cidades de España: Salamanca en 1925 Murcia en 1926 Burgos en 1928 Murcia (1928), plan que non se chegou a aplicar por mor das dificultades económicas. Madrid en 1929 en colaboración co urbanista alemán Joseph Stübben Ceuta en 1930 Proxectos de poboados do Guadalquivir e Guadalmellato en 1933. Urbanización da parte baixa do parque de Montjuic en Barcelona en 1935 Valladolid (1939). Badaxoz (1940). O seu proxecto de ordenamento da cidade da Coruña (1945), que non se puxo en práctica, incluía por vez primeira vías de circunvalación como as que na modificación de 1948 se converteron nas roldas de Nelle e Outeiro e vías de penetración como a avenida de Arteixo.
Notas
Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Personalidades do urbanismo Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Alcoi