As solanáceasNome vulgar galego da familia en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 e no Portal das Palabras da RAG. (Solanaceae Juss.) é unha familia de plantas herbáceas ou leñosas coas follas alternas, simples e sen estípulas pertencentes á orde Solanales, das dicotiledóneas (Magnoliopsida).Olmstead, R. G., J. A. Sweere, R. E. Spangler, L. Bohs, and J. D. Palmer. 1999. Phylogeny and provisional classification of the Solanaceae based on chloroplast DNA. Pp. 111-137. En: Solanaceae IV: advances in biology and utilization, M. Nee, D. E. Symon, R. N. Lester, and J. P. Jessop (eds.). The Royal Botanic Gardens, Kew Artigo en inglés Comprende aproximadamente 98 xéneros e unhas 2700 especies,Olmstead, R.G. and Bohs, L. 2007. A Summary of molecular systematic research in Solanaceae: 1982-2006. Acta Hort. (ISHS) 745:255-268 cunha gran diversidade de hábito, morfoloxía e ecoloxía. A familia é cosmopolita, distribuíndose por todo o globo agás na Antártida. A maior diversidade de especies atópase en América do Sur e América Central. Nesta familia inclúense especies alimenticias tan importantes como o pataqueiro (Solanum tuberosum), a tomateira (Solanum lycopersicum), a berinxela (Solanum melongena) e as pementeiras (Capsicum). Moitas plantas ornamentais moi populares pertencen ás solanáceas, como Petunia, Schizanthus, Salpiglossis e Datura. Certas especies son mundialmente coñecidas polos seus usos medicinais, os seus efectos psicotrópicos ou por ser pezoñentas. Finalmente, mais non menos importante, as solanáceas inclúen moitos organismos modelo para a pescuda de cuestións biolóxicas fundamentais a nivel celular, molecular e xenético, tales como o tabaco e a petunia. A familia é representada por aproximadamente 3000 especies distribuídas en 150 xéneros.
Etimoloxía Do xénero Solanum L., do verbo latín solari - consolar ou aliviar - por mor das propiedades calmantes (narcóticas) dalgunhas especies do xénero.
Descrición Hábito Son plantas arbóreas, arbustivas, herbáceas e raramente lianas ou rubideiras. O seu floema é interno.
Follas Follas simples, alternas, coas marxes enteiras, lobadas ou partidas, sésiles ou pecioladas, glabras ou pilosas, sen estípulas, algunhas veces pinatisectas. Pólas ascendentes ou patentes, dicotómicas iguais ou desiguais, cilíndricas ou aplanadas, concaulescencia presente.
Flores Inflorescencia cimosa, algunhas veces reducida a unha única flor;
Flores xeralmente vistosas, bisexuadas, andróxinas ou diclamídeas, pentámeras, con lonxitude variando de 1 a 20 cm, illadas, aos pares, ou dispostas en inflorescencias variadas extra-axilares, actinomorfas raro zigomorfas;
Cáliz persistente, pentámero, gamosépalo, prefloración valvar ou imbricada, ás veces ampliándose no froito;
Corola actinomorfa ou levemente zigomorfa, gamopétala, rotácea, campanulada, infundiforme, hipocrateriforme, tubulosa ou urceolada. Xeralmente pentámera e plicada, prefloración valvar, convoluta ou imbricada.
Androceo con 2 (en Schwenckia), 4 (en Brunfelsia) e 5 estames, epipétalos, anteras rimosas ou poricidas (Lycianthes, Solanum), con filetes libres ou parcialmente soldados entre si, con anteras poricidas (Solanum) ou rimosas.
Xineceo constituído de ovario súpero, bicarpelar, bilocular ou falsamente plurilocular, con moitos óvulos en cada lóculo, disco nectarífero xeralmente presente, raramente tetralolular (Datura), estilete terminal, carpelos orientados oblicuamente en relación ao eixo da flor, placentación axial.
Froito Froito do tipo baga, drupa ou cápsula, por veces envolvidos polo cáliz acrecente, sementes poucas a numerosas.
Distribución miniatura|Mapa de distribución das Solanáceas no mundo (áreas verdes). Solanaceae posúe distribución cosmopolita, concentrada na rexión neotropical. A maior riqueza de especies áchase en América Central e América do Sur. Outros dous centros de diversidade inclúen Australia e África. As solanáceas poden ocupar unha gran variedade de ecosistemas, dende os desertos até os bosques tropicais e, frecuentemente atópanse tamén na vexetación secundaria que coloniza áreas disturbadas.
Taxonomía A seguir fornécese unha sinopse taxonómica completa das solanáceas, incluíndo subfamilias, tribos e xéneros, a cal está baseada nos estudos máis recentes sobre a sistemática molecular da familia.Olmster, R.G. & J. Palmer. 1992. A chloroplast DNA phylogeny of the solanaceae: subfamilial relationships and character evolution. Annals Missouri Botanical Garden 79 (2):346-360. Resumo en inglésMartins TR, Barkman TJ (2005) Reconstruction of Solanaceae Phylogeny Using the Nuclear Gene SAMT. Systematic Botany: Vol. 30, No. 2 pp. 435–447 Resumo en inglés
Cestroideae (sin.:Browallioideae) miniatura|Cestrum elegans, unha cestróidea utilizada como ornamento. miniatura|Browallia americana. miniatura|Flor de Salpiglossis sinuata, Xardín Botánico de Jena, Alemaña. É unha subfamilia caracterizada pola presenza de fibras pericíclicas, androceo con 4 ou 5 estames, frecuentemente didínamos. Os números cromosómicos básicos son moi variábeis, desde x=7 até x=13. A subfamilia comprende 8 xéneros (divididos en 3 tribos) e aproximadamente 195 especies distribuídas nas Américas. O xénero Cestrum é o máis importante respecto do número de especies xa que inclúe 175 das 195 especies da subfamilia. A tribo Cestreae ten a particularidade de incluír taxons con cromosomas longos (de 7,21 a 11,51 µm de lonxitude), cando o resto da familia, polo xeral, posúe cromosomas curtos (como por exemplo 1,5 a 3,52 µm de lonxitude en Nicotianoideae). Tribo Browallieae Hunz. (1995) Browallia L. (1754), xénero con 6 especies distribuídas nos neotrópicos até Arizona nos Estados Unidos. Streptosolen Miers (1850), xénero monotípico nativo dos Andes. Tribo Cestreae Don (1838). Comprende 3 xéneros de plantas leñosas, xeralmente arbustivas. Cestrum L. (1753). Comprende unhas 175 especies distribuídas nos neotrópicos. Sessea Ruiz & Pav. (1794). Xénero con 16 especies dos Andes. Vestia Willd. (1809), xénero monotípico de Chile. Tribo Salpiglossideae (Benth.) Hunz. Esta tribo inclúe 2 xéneros e 6 especies endémicas da Arxentina e Chile. Reyesia Gay (1840), comprende 4 especies, distribuídas na Arxentina e Chile. Salpiglossis Ruiz & Pav. (1794), con dúas especies orixinarias de Suramérica austral.
Goetzeoideae Subfamilia caracterizada por presentar froito en drupa e sementes con embrións curvos con cotiledóns grandes e carnosos. O número cromosómico básico es x=13. Inclúe 4 xéneros e 5 especies que se distribúen polas Antillas Maiores. Baseados en datos moleculares, algúns autores inclúen dentro desta subfamilia os xéneros monotípicos Tsoala Bosser & D'Arcy (1992), endémico de Madagascar, e Metternichia do sueste do Brasil. Goetzeaceae Airy Shaw se considera un sinónimo desta subfamilia.Olmstead, R.G. and Bohs, L. 2007. A Summary of molecular systematic research in Solanaceae: 1982-2006. Acta Hort. (ISHS) 745:255-268 Coeloneurum Radlk. (1890), xénero monotípico endémico da Española. Espadaea Rchb. (1850), cunha soa especie de Cuba. Goetzea Wydler (1830), inclúe dúas especies das Antillas. Henoonia Griseb. (1866), xénero cunha soa especie oriúnda de Cuba.
Petunioideae miniatura|Nierenbergia frutescens, unha petunóidea.A sistemática molecular indica que Petunioideae é o clado irmán das subfamilias con número cromosómico x=12 (Solanoideae e Nicotianoideae). Presentan calistexinas, un alcaloide do tipo dos tropanos. O androceo está formado por 4 estames (raramente 5), usualmente de dúas lonxitudes diferentes. Os números cromosómicos básicos nesta subfamilia poden ser x=7, 8, 9 e 11. Comprende 13 xéneros e unhas 160 especies, distribuídas por América Central e América do Sur. Baseados en datos moleculares, algúns autores consideran que os xéneros oriúndos da Patagonia Benthamiella, Combera e Pantacantha forman un clado con categoría de tribo (Benthamielleae) que se debe dispor na subfamilia Goetzeoideae. Benthamiella Speg. (1883), inclúe 12 especies nativas da Patagonia. Bouchetia Dunal (1852) con 3 especies neotropicais. Brunfelsia L. (1753), xénero con arredor de 45 especies que se distribúen nos neotrópicos. Combera Sandw. (1936), xénero con dúas especies patagoas. Fabiana Ruiz & Pav. (1794), xénero que inclúe 15 especies nativas dos Andes . Hunzikeria D'Arcy (1976), comprende 3 especies do suroeste dos Estados Unidos e México . Latua Phil. (1858), cunha soa especie do sur de Chile. Leptoglossis Benth. (1845), xénero con 7 especies do oeste de Suramérica. Nierembergia Ruiz & Pav. (1794), abrangue 21 especies suramericanas. Pantacantha Speg. (1902), xénero monoespecífico da Patagonia. Calibrachoa Cerv. ex La Llave & Lex., con 32 especies neotropicais. Tense considerado, sobre os datos morfolóxicos, que este xénero debería incluírse dentro de Petunia. Porén a evidencia molecular e citoxenética indica que ambos os dous deben manterse separados. De feito, Calibrachoa ten número básico de cromosomas x=9, mentres que Petunia ten x=7.Ando, T, Kokubun, H., Marchesi, E., Suárez, E. & Basualdo, I. 2005. Phylogenetic Analysis of Petunia sensu Jussieu (Solanaceae) using Chloroplast DNA RFLP. Ann. Bot. 96(2): 289 - 297.Artículo en inglésKei-Ichiro Mishiba , Toshio Ando , Masahiro Mii , Hitoshi Watanabe , Hisashi Kokubun , Goro Hashimoto , and Eduardo Marchesi. 2000. Nuclear DNA Content as an Index Character Discriminating Taxa in the Genus Petunia sensu Jussieu (Solanaceae). Ann Bot 85: 665-673. Artigo en inglés Petunia (Juss.) Wijsman (1803), con 18 especies suramericanas. Plowmania Hunz. & Subils (1986), xénero monotípico de México e Guatemala.
Schizanthoideae miniatura|Flores zigomorfas, con corola bilabiada de Schizanthus pinnatus, unha esquizantóidea ornamental. Comprende herbas anuais ou bianuais, con alcaloides tropanos, sen fibras pericíclicas, con pelos e grans de pole característicos. As flores son zigomorfas. O androceo presenta 2 estames e 3 estaminoideos, a dehiscencia das anteras é explosiva. O embrión é curvo. O número cromosómico básico é x=10. Schizanthus é un xénero bastante atípico dentro das solanáceas, polas súas flores fortemente zigomorfas e polo seu número cromosómico básico. Os datos morfolóxicos e moleculares indican que Schizanthus é un xénero irmán das restantes solanáceas e que logo diverxeu do resto da familia, probabelmente no Cretáceo serodio ou no Terciario temperán, hai uns 50 millóns de anos. A gran diversificación nos tipos de flores en Schizanthus foi o produto da adaptación das especies deste xénero aos diferentes grupos de polinizadores existentes nos ecosistemas mediterráneo, alpino de altura e desértico de Chile e áreas adxacentes da Arxentina.Perez, F., Arroyo, M., Medel, R. & M. Herskovitz. 2006. Ancestral reconstruction of flower morphology and pollination systems in Schizanthus (Solanaceae). American Journal of Botany 93(7): 1029–1038. Schizanthus Ruiz et Pav. (1794), comprende 12 especies orixinarias de Chile.
Schwenckioideae Inclúe herbas anuais, con fibras pericíclicas, as flores son zigomorfas, o androceo con 4 estames, didínamos ou con 3 estaminoideos, o embrión é recto e curto. O número cromosómico básico é x=12. Inclúe 4 xéneros e unhas 30 especies distribuídas en Suramérica. Heteranthia Nees & Mart. (1823) , unha soa especie do Brasil Melananthus Walp. (1850), inclúe 5 especies do Brasil, Cuba e Guatemala Protoschwenckia Soler (1898), xénero monotípico de Bolivia e o Brasil. Segundo algúns estudos de sistemática molecular, este xénero ten unha posición taxonómica incerta dentro da subfamilia. Schwenckia L. (1764), abrangue 22 especies distribuídas en rexións neotropicais das Américas.
Nicotianoideae miniatura| Inflorescencia do tabaco, Nicotiana tabacum.